Voa, VOA ALTO!!
Con suor, sangue, e lágrimas! Con esas ás brillantes, déixao todo- todo atrás, e-
Voa VOA, alto VOA…
Ata os últimos recunchos do teu futuro!
Un poliño pequeno, cuberto de mazaduras, observa cara o ceo.
Sen importar canto rían aqueles que voan baixo, el quere ver os límites do mar.
Así que, baleira o teu corazón, móntate no vento, e colle unha posición vantaxosa,
Cun (brinco… paso… salto)!
Voa, VOA ALTO!!
Con suor, sangue, e lágrimas – esas ás brillantes levarante a onde queiras!
Os teus aínda verdes impulsos e instintos deixarán ao descuberto as túas poutas,
Así que sen importar como de arduo sexa o camiño, non te deteñas ata que o teu soño se cumpra!
Voa VOA, alto VOA…
Ata os últimos recunchos do teu futuro!
A chuvia que comezou a caer de ningures estórballe ás túas ás;
No camiño por diante agardan nubes negras – unha longa, tormentosa noite está en camiño.
Pero, cos vibrantes tronos e olas rompedoras como aplauso,
Conta (un… deux… trois), e-
Voa, VOA ALTO!!
A chama sempre ardente no fondo do teu corazón converterase nun faro, iluminando o teu camiño!
O feixe de luz antes do amencer fará florecer o brote do teu talento,
Así que, ata que chegues ao final, excede os teus límites á máxima velocidade –
Voa VOA!
Voa, VOA ALTO!!
Con suor, sangue, e lágrimas – esas ás brillantes levarante a onde queiras!
Os teus aínda verdes impulsos e instintos deixarán ao descuberto as túas poutas,
Déixao todo- todo atrás, e-